Museos

López Campos gaba o “traballo da Fundación Camilo José Cela no impulso da nosa lingua e cultura”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, gabou “o traballo da Fundación Pública Camilo José Cela no impulso da nosa lingua e cultura mediante a investigación e proxección da obra e figura do Nobel galego”. Fíxoo o pasado xoves, 11 de decembro, na xuntanza ordinaria do Padroado desta institución, na que tamén se abordaron as actividades previstas para 2026.

Neste senso, a programación “consta dun marcado carácter literario, transversal, innovador e educativo á altura dun premio Nobel”, tal e como explicou o representante do Cultura do Goberno galego, na que destacou as actividades relacionadas coa literatura de viaxes, a celebración da efeméride dos 75 anos da publicación de La colmena e a difusión de facetas menos coñecidas do autor como a de pintor e coleccionista de artes plásticas ou escritor de obras de teatro.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies