Museos
‘Os bolechas no Museo Massó’ máis accesibles, tamén en audiolibro

Os Bolechas. 20.000 leguas baixo dos mares de Lugrís no Museo Massó é unha divertida aventura dos Bolechas e o pintor Urbano Lugrís na conserveira Massó. Un conto en forma de viñetas cos populares personaxes que axudan a achegar ao público infantil ao Museo.
Pódese adquirir na libraría institucional da Xunta de Galicia, e a partir de agora pódese descargar como audiolibro dende a páxina web do Museo.