Bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos nos EUA
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Comisión Fulbright convocan 6 bolsas para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos en calquera área de actividade artística, incluídas:
- artes escénicas
- artes plásticas e visuais
- música e musicoloxía
- museoloxía e conservación do patrimonio
- xestión cultural
Presentación de solicitudes: desde o 20 de outubro ata o 24 de novembro de 2025 na páxina web da Comisión Fulbright.
Requisitos:
- Nacionalidade española
- estar vinculado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional
- dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense
- coñecemento de inglés axeitado para desenvolver o proxecto
Dotación da bolsa:
- viaxe de ida e volta e gastos varios, ata un máximo de $1.600
- asignación mensual entre 2.831 y 4.300 USD en concepto de aloxamento, manutención e gastos necesarios para o proxecto da bolsa
- seguro de enfermidade e accidente
O martes 4 de novembro ás 17 horas haberá unha sesión formativa online. Deberá facerse un rexistro previo a través desta ligazón. Tamén se levarán a cabo dúas sesións presenciais en Vigo: o martes 11 de novembro, ás 10:30 horas na Sala de profesorado da ESAD (Rúa de Poza Cabalo s/n); e ás 12:30 horas na Aula de Orquestra de CSMVigo (Rúa Manuel Olivie, 23).

