Museos

O Museo do Castro de Viladonga celebrou esta fin de semana no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro o IV Encontro Internacional de Cestería no Camiño

A cita reuniu a artesáns e artistas de Galicia e do resto da Península Ibérica neste enclave único e moi significativo, xa que as técnicas cesteiras son piares básicos para os teitos das pallozas.

Dende hai catro anos, o Museo promove este encontro no que se comparten coñecementos, rescatan tradicións, intercámbianse saberes e se exploran novas formas de expresión.

Durante o sábado 12 e o domingo 13,en plena porta de entrada do Camiño de Santiago en Galicia houbo actividades diversas cun nexo cesteiro en común para todos os públicos: demostracións de diferentes materiais e técnicas, unha mesa redonda e un concerto, obradoiros e, sobre todo, a posta en común sobre diversos aspectos cesteiros.

Pódense ver as fotografías nesta ligazón da páxina de facebook do museo.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies