Museos

O Museo do Castro de Viladonga organiza este verán un campamento con catro quendas e 60 prazas para nenos e nenas de 6 a 12 anos

O Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, organiza este verán un Campamento castrexo na Reserva da Biosfera Terras do Miño, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. En total ofrécense 60 prazas en catro quendas – 15 en cada unha – que se sucederán ata o día 22 de agosto.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou o pasado luns aos primeiros participantes, que desfrutarán durante dez días de actividades lúdicas e culturais no Museo e saídas por concellos da contorna. O horario é de 9,00 a 14,00 horas, de luns a venres.

A iniciativa forma parte do programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, que promove a consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa de Política Social e Igualdade no marco do Plan Corresponsables, para favorecer a conciliación das familias durante o verán.

Entre as actividades propostas figuran obradoiros e xogos con distintas temáticas, como arqueoloxía; medio ambiente; papel reciclado artesanal; especies da Reserva da Biosfera; refuxios da fauna silvestre ou estampado de follas de árbores en bolsas e panos de algodón, entre outros.

Tamén haberá saídas para visitar algúns dos espazos culturais e paisaxísticos máis significativos dos municipios de Castro de Rei, Outeiro de Rei, A Pastoriza, Rábade e Cospeito.

Arias destacou que esta iniciativa “favorece a conciliación familiar ao tempo que ofrece aos máis pequenos unha boa oportunidade para divertirse e aprender de maneira lúdica nuns escenarios magníficos”.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies