Museos

Anxo M. Lorenzo destaca no Museo Etnolóxico “o protagonismo da veciñanza nos procesos culturais”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición «Unha ollada colectiva contra o esquecemento. Mostra final do curso de fotografía participativa», que recolle os traballos realizados no marco dun obradoiro organizado pola entidade con persoas da comarca do Ribeiro. Unha maneira, apuntou, “de recoñecer e visibilizar a memoria colectiva desta zona a través dun encontro interxeracional no que a propia veciñanza comparte e reconstrúe a súa identidade”.

Deste xeito, o representante da Xunta tamén fixo fincapé na “posta en valor do patrimonio material e inmaterial que nos ofrece este percorrido a través da imaxe abordando temas como a migración, os oficios, a resistencia cultural ou o impacto ambiental”. Ademais, engadiu, “unha vez máis os nosos museos ábrense á sociedade deixando que a propia comunidade sexa protagonista dos procesos culturais sendo ela a que conte a historia do lugar coas súas lembranzas”.

Neste senso, a exposición combina fotografías contemporáneas, imaxes de arquivo familiar, obxectos e pezas interactivas que dialogan co territorio. Son obras que percorren temas como as adegas abandonadas, o papel da muller, a figura das curandeiras, a memoria migrante, a barbería como lugar de encontro ou as relacións emocionais co río e a paisaxe do Ribeiro. Trátase dun traballo colectivo forxado a través das vivencias persoais e da propia visión do territorio de cada participante no obradoiro dirixido por Sara Garchi, profesional da comunicación visual.

A mostra pode visitarse no Museo Etnolóxico, con entrada libre, ata principios do mes de agosto.
 

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies