Museos

Presentación e inauguración da exposición temporal «CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga» no Museo de Belas Artes da Coruña

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o xoves 21 de novembro a mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga, que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña e coa que se inicia un novo ciclo de exposicións que traerá obras doutros museos e coleccións españolas a este espazo. Esta primeira proposta é unha colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía que achega ata a institución coruñesa dous retratos feitos por Ignacio Zuloaga, mantendo un diálogo con outras obras da propia colección permanente do museo.

Durante a presentación, o director xeral de Cultura puxo en valor as conexións artísticas de Zuloaga con Galicia, a simboloxía das súas pinturas e a influencia noutros pintores galegos como Xesús Corredoyra. Neste senso, fixo fincapé no compromiso do Goberno autonómico en seguir apoiando aos centros museísticos na promoción da arte e doutras actividades que completan a diversa oferta cultural da Comunidade.

A rusa e a galega

A mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga estará aberta ao público ata o vindeiro 23 de febreiro de 2025 na sala cinco do Museo de Belas Artes da Coruña. As obras seleccionadas son dous retratos do artista Ignacio Zuloaga (1870-1945), pintados ambos en París en 1912, que exemplifican o seu amplo labor como retratista e no que conflúen tendencias das vangardas francesas con evocacións da retratística de Velázquez ou Goya.

Son dúas figuras femeninas, o Retrato da señora Malinowska e a Rusa e A bailaora Antonia, a galega, que ofrecen dúas visións diferentes da maneira de concibir a imaxe da muller por parte de Zuloaga. A elección destas obras responde á vinculación con Galicia, xa sexa por cuestións vitais, como é o caso de Malinowska, como polos motivos representativos ou simbólicos, implícitos no apelativo da bailaora.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies