Museos

O Museo Etnolóxico dá a coñecer o patrimonio relixioso de Ribadavia coa súa nova exposición

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o 23 de xullo a exposición Patrimonio relixioso, a nova mostra impulsada polo Museo Etnolóxico de Ribadavia para dar a coñecer a historia de Galicia e o municipio a través de pezas de ourivaría, tallas devocionais e unha selección do fondo documental do arquivo parroquial.

Na apertura da mostra, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou a importancia de “recoñecer o legado dos nosos devanceiros para seguir avanzando na construción da Galicia do futuro”. Neste senso, explicou que o proxecto inaugurado hoxe pon en valor o traballo de Francisco de Castro Canseco e Marcelo de Montanos, dous prateiros que exerceron o seu traballo na provincia de Ourense entre os séculos XVI e XIX.

En total, a exposición conta con 40 pezas procedentes das parroquias de San Domingos de Ribadavia e de San Cristóbal de Regodeigón, da provincia franciscana de Santiago de Compostela e do Seminario Maior Diocesano Divino Maestro. Entre elas atópanse, ourivaría litúrxica de latón, prata e prata sobredourada, libros sacramentais de confrarías e de historia local, tallas devocionais en madeira policromada. Dispoñible ata o 31 de decembro deste ano, a mostra compleméntase con dous audiovisuais.

    Publicaciones relacionadas

    Botón volver arriba

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

    ACEPTAR
    Aviso de cookies