O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle as Xornadas Europeas de Arqueoloxía 2024
Esta fin de semana o Museo das Peregrinacións e de Santiago acolleu as Xornadas Europeas de Arqueoloxía (XEA) que se celebran anualmente en España durante a terceira fin de semana de xuño.
As XEA foron unha iniciativa lanzada en 2010 polo Ministerio de Cultura do Goberno de Francia, a través do Instituto Nacional de Investigación en Arqueoloxía Preventiva (INRAP), á que se foron sumando cada vez máis países europeos. Actualmente celébrase en 32 países. España participa desde o ano 2019. Coordínanse desde a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes a través das Subdireccións Xerais do Instituto do Patrimonio Cultural de España (IPCE) e de Xestión e Coordinación de Bens Culturais (SGGCBBCC), e son desenvoltas en colaboración coas distintas comunidades autónomas.
O obxectivo das XEA é achegar á cidadanía a arqueoloxía desde diversos puntos de vista: como profesión, como ciencia, etc. Dando visibilidade a todos os aspectos relacionados co patrimonio arqueolóxico e fomentando a participación da cidadanía.
Baixo esta premisa, preténdese poñer ao dispor da cidadanía o seu patrimonio arqueolóxico levando a cabo diversas iniciativas e actividades para todos os públicos que perseguen fomentar unha cultura arqueolóxica responsable entre a sociedade civil.
Con este motivo o Museo das Peregrinacións e de Santiago organizou varias actividades:
MOSTRA VIRTUAL
Mostra virtual «Desenterrando vitrinas. Ruta arqueolóxica polo Museo das Peregrinacións e de Santiago». Selección de pezas de natureza arqueolóxica accesibles ao público na sede expositiva de Praterías.
PEZA COMENTADA «AMPOLA DE PEREGRINO. SAN MENAS»
Con motivo da celebración das Xornadas Europeas de Arqueoloxía, presentamos a peza comentada «Ampola de peregrino. San Menas». Asinada por Roberto Aneiros, conservador do museo.