Noticias de Galicia

Últimas entradas á venda para o concerto de Raphael deste sábado 30 no Coliseum

Cando:

29 de novembro de 2024

Raphael actuará esta fin de semana na Coruña

O artista andaluz fará escala na Coruña dentro da súa xira ‘Victoria’

Raphael actuará este sábado, a partir das 20.30 horas, no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira ‘Victoria’. O Goberno de Inés Rey segue apostando polas grandes actuacións musicais no recinto de referencia do noroeste peninsular. 

«Contar cada ano con artistas consolidados e referentes de distintos xéneros e xeracións é un gran reto que desde o Concello estamos superando con nota, como amosa o alto número de sold out que ten o Coliseum», sinala Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. A deste sábado será a segunda actuación en dous anos do cantante andaluz no recinto multiusos coruñés, logo de celebrar o 11 de xuño de 2022 os seus 60 anos sobre os escenarios.

Aínda é posible mercar as últimas entradas para a actuación de Raphael deste sábado na Coruña. Os billetes están dispoñibles, en liña, na plataforma de venda de entradas de Ataquilla. Ademais, tamén se poden conseguir no despacho de billetes da praza de Ourense.

Tras o concerto de Raphael, o Coliseum acollerá antes de que remate o ano outras dúas actuacións: Rod Stewart e Ana Mena. «Pecharemos un ano histórico para a cidade a nivel cultural e para este recinto de maneira particular, xa que soubemos manter o enorme nivel de actuacións que se nos esixe á vez que convertemos este espazo na nova sede do Básquet Coruña, co reto loxístico que iso supón», engadiu Gonzalo Castro.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies