Taller Compartindo experiencias
Cando:
15 de novembro de 2024
Taller destinado a tratar o duelo que se produce ao ingresar un ser querido nunha residencia.
Separarnos dos nosos seres queridos, ben porque se toma a difícil decisión de que ingresen nun centro de maiores, ben pola súa deterioración cognitiva, xera nas familias inseguridade, medo e dor. Este taller quere reconfortar ás familias, dando ferramentas para combater este duelo anticipado.
Relator: Ana González
O taller será o día 27 de novembro ás 18:30 no centro cívico Novoboandanza. A preinscrición realizarase na propia conserjería do centro.
Enderezo:
Centro Cívico Novoboandanza. Rúa Monasterio de Bergondo 13, 3º, 4º y 5. 15010 A Coruña