Noticias de Galicia

Publicadas as listas provisionais de solicitudes admitidas de praza nas Escolas Infantís Municipais da Coruña (convocatoria extraordinaria de outubro)

Cando:

13 de novembro de 2024

Ábrese un prazo de emendas e alegacións do 14 a 18 de novembro, ambos os días incluídos.

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria extraordinaria de outubro para a cobertura de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM, en diante), publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas, coa proposta das puntuacións obtidas conforme ao baremo que figura nas bases; así como de solicitudes excluídas do proceso, indicando a causa de exclusión.

A partir desta publicación, ábrese un prazo de alegacións desde o xoves 14 de novembro que permanecerá aberto ata o luns 18 de novembro. A falta de presentación dalgún dos documentos obrigatorios dentro do prazo de presentación de alegacións supoñerá a exclusión do proceso.

Listas definitivas a partir do 26 de novembro

A publicación das listas definitivas será o martes 26 de novembro, paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado entre o mércores 27 e o venres 29 de novembro.

As solicitudes que resulten adxudicatarias da praza poderán formalizar a matrícula, logo da cita previa fixada pola escola correspondente. Os/as menores adxudicatarios/as deberán ter cumpridos tres meses no período de matriculación.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies