Publicadas as listas definitivas da convocatoria extraordinaria de outubro para a cobertura de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais
Cando:
26 de novembro de 2024
O prazo de matrícula permanecerá aberto do mércores 27 ao venres 29 de novembro, ambos os días incluídos.
Tras a resolución das reclamacións/alegacións ás listas provisionais de solicitudes publicadas o pasado 13 de novembro, publícanse as listas definitivas da convocatoria extraordinaria de outubro para a cobertura de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais.
Listas definitivas de admitidos (26/11/2024)
A adxudicación dunha praza na escola indicada na primeira ou segunda opción implicará a eliminación das listas de espera doutra opción solicitada.
As solicitudes que resulten adxudicatarias da praza poderán formalizar a matrícula tras a cita previa fixada pola escola correspondente. Os/as menores adxudicatarios/as deberán ter cumpridos tres meses no momento da matriculación.
O prazo de matrícula estará habilitado entre o mércores 27 e o venres 29 de novembro.
En decembro publicaranse as novas vacantes e o calendario do proceso correspondente.
Documentación necesaria
A persoa solicitante admitida deberá presentar na escola asignada, tras a cita previa fixada, a seguinte documentación:
- Carta sanitaria do/a menor.
- Carta de vacinas.
- De ser o caso, informe médico sobre alerxias ou intolerancias.
- Calquera outra documentación que a escola requira en función das circunstancias particulares de cada caso.
O cumprimento do calendario de vacinación infantil do programa galego de vacinación, así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza. En caso contrario, a persoa interesada decaerá da súa solicitude e o dereito á praza e ofertaráselle á seguinte persoa solicitante en lista de espera por rigorosa orde de puntuación.