Noticias de Galicia

Os barrios da Coruña celebran o magosto con actividades gastronómicas, comerciais e musicais

Cando:

7 de novembro de 2024

O Goberno de Inés Rey promove estes eventos en Labañou, Cidade Vella e Os Mallos

O Concello da Coruña colabora esta fin de semana en diferentes iniciativas veciñais e comerciais para celebrar o magosto nos barrios da cidade. O Goberno de Inés Rey busca incentivar este tipo de celebracións, moi arraigadas entre a cidadanía, co obxectivo de tecer fíos de convivencia nos diferentes distritos.

Este venres 8 celebrarase o magosto organizado pola asociación veciñal de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales. Terá lugar na praza da Tolerancia ou, en caso de choiva, no patio cuberto do CEIP de Prácticas. A partir das 17.00 horas haberá un obradoiro de cabazas. Ás 18.45 horas farase unha procesión de Samaín desde a praza do conservatorio. Haberá tres actuacións durante a celebración: o espectáculo familiar dos Monifates (19.15), a actuación do grupo tradicional Son d’Aquí (20.00) e a actuación musical de Mekanika Rolling Band (21.00). Haberá castañas de balde e chocolate para a rapazada.

Por outra banda, o sábado 9 celebrarase o magosto da Cidade Vella, promovido pola Asociación de Veciños da Cidade Vella e coa colaboración do Concello. Será na praza de Azcárraga e comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de cabazas e xogos infantís tradicionais. Ás 19.00 haberá unha procesión de cabazas e ás 19.30 celebrarase un magosto popular con bebida e castañas asadas. Ás 20.15 haberá unha foliada a cargo de Son D’Aquí e, xa pola noite, haberá queimada popular a partir das 23.00.

Por último, o domingo 10, de 11.00 a 20.00 horas, celebrarase o Mallosto, o magosto do barrio dos Mallos, promovido pola FUCC e Distrito Mallos e que conta co apoio do Concello. Celebrarase na praza da agra dos Mallos. Haberá un mercado de outono, con postos dos comercios do barrio e de artesanía, de 11.00 a 19.00. Tamén haberá postos de comida de 11.00 a 20.00. Durante toda a xornada celebraranse actividades infantís, así como obradoiros e actividades. Haberá sesión vermú a cargo da Duendeneta de 13.00 a 15.00 e actuación musical de Bailaches Carolina Dilleis de 18.30 a 20.00 horas.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies