Noticias de Galicia

O Teatro Colón acollerá a vindeira semana o evento Coruña Comunica Ciencia, con importantes divulgadores

Cando:

6 de novembro de 2024

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou a programación, que complementa os actos da Semana da Ciencia

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá o evento Coruña Comunica Ciencia. Trátase dunhas xornadas de divulgación científica que exploran formatos de comunicación compatibles cun espazo teatral. Este evento desenvolverase entre os días 13, 14 e 15 de novembro no Teatro Colón, coincidindo co resto de actos programados da Semana da Ciencia.

«O Goberno de Inés Rey busca seguir impulsando o coñecemento científico e complementa deste xeito as actividades xa anunciadas da Semana da Ciencia. A nosa é unha cidade á vangarda na difusión do coñecemento e durante a semana que vén daremos un paso máis con este encontro», apuntou Gonzalo Castro. Na presentación tamén participaron David Ballesteros, director do evento, e Patricia Barciela, comunicadora científica e directora da Domus. Durante tres días importantes divulgadores científicos pasarán polo Teatro Colón.

Cada xornada terá tres bloques de actividades, as mañás para público escolar e as tardes e noites para público familiar e adulto. Este proxecto está organizado pola entidade Ceo Aberto e conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

As entradas xa están á venda a un prezo de 2,95 euros. Ademais, están convidados aos diferentes actos colectivos, entre os que xa confirmaron algúns como a Federación Galega de Enfermidades Raras. Castro animou a cidadanía a asistir a este evento, que «reivindica a importancia de comprender e aprender a ciencia e as súas vertentes a calquera idade». Toda a información do evento pode atoparse na páxina web: www.coruñacomunicaciencia.es

Programación completa

Mañás: actividades para escolares

  • Mércores. Ciberseguridade. Kike Fontán, experto en ciberserguridade dará unha charla sobre os riscos derivados do mundo dixital
  • Xoves. Cinema e Ciencia. Patricia Barciela, directora de Domus, realizará unha charla científica tras o visionado da película de Pixar «Elemental»
  • Venres. As inmortais Iria Oleiro e David Ballesteros levarán a cabo un show científico centrado na importancia das  científicas na historia da Ciencia.

Tardes. Cada tarde, teremos actividades con diferentes formatos e contidos.

  • Mércoles
    • Espectáculo teatral  «Halley». Obra gañadora do festival de teatro científico D’Ensaio.
    • Intervención de Estibaliz Espinosa, cantante e poetisa, que combina na súa obra arte e ciencia.
  • Xoves.
    • Microcharlas cos neurocientfícios Xurxo Mariño e Castro Rivadulla, a divulgadora Laura Veiga, a experta en neurociencia Tamara Pazos e a divulgadora Deborah Ciencia. Todos os comunicadores do bloque son galegos.
  • Venres.
    • Gravación do programa de Radio Efervescencia
    • Charla de Quantum Fracture «De físico a youtuber». Jose Luis Crespo e un dos divulgadores do noso país con máis seguidores, ten máis de 5.000.000 de seguidores se sumamos youtube + RRSS.

Noites. Nas noites, temos contidos innovadores, que exploran novos formatos.

  • Mércores
    • «SensoGenoma: Cando a claves está nos noxos xenes. O doutor Antonio Salas, ca colaboración do pianista Juanjo Fernández achegará ao público a investigación Sensegenoma, que investiga cómo os xenes responden a estímulos externo e explota o seu potencial terapéutico.
    • Obra teatral «A chispa máxica». Unha sitcom diferente, en torno a Ciencia creada por o divulgador Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández
  • Xoves.
    • Charla de Xurxo Ayán. «Arqueólogo? Ay, qué bonito».  Unha aproximación a arqueoloxía da man do gran comunicador que é Xurxo.
    • Diálogo híbrido. A sexóloga Laura Morán e a periodista Eva Vázquez falarán sobre a sexualidade humana, establecendo una conversa directa co público asistente.
  • Venres.
    • Concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero. Presentarán a súa obra «Fonematología». Un espectáculo que ofrece un fascinante percorrido pola historia da música mecánica e a súa profunda conexión co desenvolvemento científico e tecnolóxico, desde as primeiras polifonías europeas ata a música contemporánea.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies