Noticias de Galicia

O Morriña Fest 2025 celebrarase na Coruña os días 25 e 26 de xullo

Cando:

21 de novembro de 2024

Proximamente anunciaranse os primeiros artistas e a saída a venda dos abonos

O Morriña Fest continuará un ano máis celebrándose na Coruña coa súa quinta edición, para a cal xa hai datas confirmadas. O festival celebrarase os días 25 e 26 de xullo de 2025. Proximamente anunciaranse os primeiros artistas e a saída a venda dos abonos.

O Goberno de Inés Rey promove este evento musical, un dos máis importantes de Galicia e do noroeste. «Os últimos tres anos quedou demostrado que o Morriña atrae a moita xente e é xa un dos eventos máis esperados do ano na cidade, e como non podía ser doutro xeito desde o Concello seguiremos colaborando coa organización nun evento que beneficia a toda a cidade», sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Na edición deste 2024 máis de 40.000 persoas asistiron ao festival, celebrado no Porto da Coruña. O evento significou tamén a apertura dos peiraos á celebración de grandes concertos e actividades culturais, algo que xa é habitual durante o período estival.

Artistas como Rels B, Aitana, Duki, Crystal Fighters, Black Eyed Peas ou Nicky Jam actuaron no festival nestes tres anos que se leva celebrando na cidade. O Morriña Fest supón, á vez que un referente musical, un gran activo turístico e económico, cun importante retorno económico para sectores como o hostaleiro ou hoteleiro.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies