Noticias de Galicia

O filme ‘Del revés’ de Pixar inspira a nova edición do programa ‘Durme no Fórum’

Cando:

7 de novembro de 2024

As familias interesadas xa poden realizar a súa prescripción a través do formulario habilitado na web municipal

O filme ‘Del revés’ de Pixar inspira a nova edición do programa ‘Durme no Fórum’

Terá lugar na noite do 30 de novembro ao 1 de decembro, con recollida a partir das 19.00 horas no Fórum Metropolitano

O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá o vindeiro 30 de novembro unha nova edición do programa ‘Durme no Fórum’, unha das actividades con máis éxito entre as familias coruñesas. O obxectivo é ofrecer aos máis pequenos unha noite de xogos e aventuras inspiradas na película ‘Del revés’ de Pixar, falando das emocións e realizando probas temáticas baseadas no propio filme.

Nenos e nenas de entre 6 e 11 anos poderán gozar da noite de aventuras do sábado 30 de novembro ao domingo 1 de decembro con diversas actividades temáticas programadas durante a xornada. A actividade comezará ás 19.00 horas do sábado, coa recepción dos nenos e nenas participantes e rematará ás 13.00 horas do domingo, logo da velada.

As familias interesadas xa poden realizar a súa prescripción dende hoxe, xoves 7 de novembro, e ata o venres 8 ás 20.00 horas través do formulario habilitado na web municipal. No mesmo formulario poderanse inscribir ata 4 aventureiros/as, participando co mesmo número de sorteos. No caso de irmáns, prégase que vaian no mesmo formulario para entrar ao sorteo co mesmo número.

En total, o Concello oferta 180 prazas para nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2018, que estean a cursar Educación Primaria, con 180 prazas dispoñibles. Deberán asistir con roupa e calzado cómodos, preferiblemente roupa deportiva. Tamén unha botella de auga individual para encher, artigos de aseo persoal e un saco de durmir. Opcionalmente poderá utilizarse unha esterilla.

A cota por participante é de 25 euros que inclúen a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes) e o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades. 

Calendario de publicación de prazas e pago da cota

O vindeiro luns 11 de novembro, ás 12.00 horas, publicarase a listaxe co número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureiros/as prescritos, podendo formular alegacións ate o martes 12 de novembro. O sorteo das prazas realizarase o mércores 13 no Fórum, ás 10.00 horas, e a relación de prazas adxudicadas publicarase o venres 15 ás 10.00 horas enviando posteriormente correo de confirmación da praza. As persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a listaxe da agarda.

Para formalizar a inscrición da praza, dende o 15 de novembro e ata o 18 de novembro ás 10.00 horas, as familias debería realizar o pago da cota por transferencia á conta núm ES76 2080 0036 6230 4002 1977 (ABANCA) e enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título «Durme no Fórum».

No caso de ser grupos de dous a catro integrantes independentes da unidade familiar, cada pai/nai ou titor/a legal poderá abonar a cota individual correspondente á praza sempre que identifiquen no correo co comprobante o nome do neno ou nena. Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies