Noticias de Galicia

O cronobiólogo Juan Antonio Madrid e a astrofísica Eva Villaver, protagonistas da segunda parte do V Encontro da Noite, que se desenvolverá este sábado 30 na Domus

Cando:

29 de novembro de 2024

A Domus, nunha imaxe de arquivo

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza o evento, que conta coa colaboración do Concello e será de acceso libre ata completar a capacidade prevista

A Domus acolle este sábado 30 a segunda parte do V Encontro da Noite, unha iniciativa organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío que contará coa participación do cronobiólogo Juan Antonio Madrid, profesor da Universidade de Murcia, e da astrofísica Eva Villaver, subdirectora do Instituto de Astrofísica de Canarias.

A xornada, que arrancará ás 18.00 horas, comezará coa palestra ‘Ritmos biológicos en un mundo sin noche’, na que Madrid abundará na incidencia que teñen tanto a luz como a escuridade na fisioloxía e a saúde humana. 

Xa a continuación, a partir das 19.00 horas, Eva Villaver protagonizará a charla ‘Escrito en las estrellas’, que lles permitirá ás e aos asistentes entender a fascinación do ser humano polo ceo nocturno, achegando tamén nocións do coñecemento que achega a súa observación.

Esta segunda parte do Encontro da Noite completa a programación prevista de cara a esta quinta edición, que arrancou o pasado 5 de outubro e chega agora á súa conclusión. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a asistir aos actos de peche, que terán lugar na sala Leonardo da Vinci e serán de acceso libre ata completar a capacidade prevista.

O evento, promovido pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, conta coa colaboración do Concello a través da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies