Noticias de Galicia

O Concello reforza o servizo municipal BiciCoruña coa incorporación dunha nova furgoneta eléctrica para axilizar o sistema de distribución de bicicletas

Cando:

8 de novembro de 2024

O Concello reforza o servizo municipal BiciCoruña coa incorporación dunha nova furgoneta eléctrica para axilizar o sistema de distribución de bicicletas

A concelleira Noemí Díaz presentou hoxe a nova furgoneta eléctrica do servizo municipal BiciCoruña

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, destacou os avances que está a experimentar o servizo, no que se prevé incrementar a 85 o número de estacións na cidade, cara a barrios como Xuxán ou Visma

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, presentou hoxe a nova furgoneta eléctrica adquirida polo Concello para reforzar o servizo de repartición diaria de bicicletas entre as 49 estacións de BiciCoruña que hai operativas actualmente entre os barrios da cidade.

A incorporación deste vehículo enmárcase no plan de mellora e expansión do servizo que está a impulsar o Goberno de Inés Rey, que, a medio prazo, prevé aumentar a 85 o número de bases, co obxectivo de satisfacer a demanda actual e tamén as necesidades específicas que hai en distritos como Xuxán, San Pedro de Visma, A Gaiteira e Palavea, onde se habilitarán novas estacións.

«A expansión de BiciCoruña é un traballo de continuidade, que atende ás demandas veciñais e tamén á evolución dos fluxos de mobilidade na cidade», expuxo Díaz ante a base de Porta Real, unha das que rexistra máis usos diarios, en parte polos desprazamentos de tipo laboral e tamén pola demanda das e dos turistas. A concelleira lembrou que, precisamente por isto, «é importante traballar tanto na instalacións de novas bases nos barrios como no reforzo das estacións máis susceptibles de conxestión», como tamén pasa a carón da estación intermodal.

Por este motivo, o Concello adquiriu esta nova furgoneta de repartición para mellorar o servizo municipal de BiciCoruña, necesaria para distribuír as bicicletas eléctricas e mecánicas, tamén para axilizar e atender as futuras demandas do sistema.

Esta medida súmase á recente adxudicación do novo sistema de software TIC de BiciCoruña, co obxectivo de que estea operativo 24×7 todos os días do ano. Tal e como informou semanas atrás a alcaldesa, Inés Rey, a empresa Serveo Servicios será a encargada do mantemento e evolución deste software, cun investimento de 1,2 millóns de euros, a cinco anos vista.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies