Noticias de Galicia

O Concello promove a quinta velada de boxeo Coruña en Loita, que terá lugar o vindeiro sábado 16 de novembro

Cando:

8 de novembro de 2024

O Concello promove a quinta velada de boxeo Coruña en Loita, que terá lugar o vindeiro sábado 16 de novembro

O evento, cuxas entradas xa están á venda, contará co seu primeiro combate profesional feminino

O Frontón de Riazor acollerá o vindeiro sábado 16 de novembro a partir das 19.30 horas a quinta velada de boxeo Coruña en Loita, que organiza a escola de boxeo Azteca Box e conta coa colaboración do Concello da Coruña. As entradas para o evento xa están á venda en Azteca Box, Atkinson Barber Shop e Don Adolfo.

«O Goberno de Inés Rey segue amosando o seu apoio ao deporte local, permitindo a programación de eventos de éxito como estas veladas organizadas por Azteca Box e que terá lugar nun recinto municipal como o Frontón, cunha ampla historia neste deporte», apuntou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. O prezo das entradas será de 14 euros en cadeira a pé de cuadrilátero e de 12 euros en bancada.

Haberá un total de once combates e tres eventos principais, de carácter profesional. A loita principal será entre Dani Moikoko e Fernando Heredia. Ademais, nesta velada disputarase o primeiro combate profesional feminino do evento coruñés, cunha pelexa entre Keylin Maradiaga e Nevena Markovic. Por outra banda, tamén loitarán Álvaro Pampín e Xabi Abial na categoría semiprofesional Neo Pro.

Velada en Fight Factory

Por outra banda, este sábado 9 de novembro a partir das 19.00 horas tamén haberá unha velada no ximnasio Fight Factory, para disputar as finais do Campionato de Galicia Afeccionado con tres enfrontamentos, catro combates afeccionados da categoría Elite e tres eventos principais.

Haberá dous combates profesionais. O primeiro será a catro asaltos na categoría Superpluma entre Wilson Tabares e Roberto Ogas, mentres que o segundo será a seis asaltos na categoría Welter entre Olmo de Paz e Brian Ávila. Tamén se desenvolverá o Campionato Galego Neo Pro entre Yago Remo e Nono Jiménez.

«As entidades deportivas da cidade teñen ao longo do ano unha actividade frenética que dinamiza o noso tecido deportivo e así o amosa Fight Factory con eventos de gran relevancia autonómica como o do sábado», indicou Manuel Vázquez.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies