Noticias de Galicia

O Concello premia a cinco negocios con 6.500 euros no concurso de escaparatismo de Samaín

Cando:

4 de novembro de 2024

O Recuncho Floral, Nina Sardina e Tu flori foron os mellores locais desta edición

O Recuncho Floral, Nina Sardima, Tu flori, Forever Young Estética e La Petite Arte Floral foron os cinco establecementos gañadores, nesa orde, do concurso de escaparatismo de Samaín, organizado un ano máis polo Concello co obxectivo de fomentar o consumo entre o comercio local e conmemorar esta celebración, que cada ano vai medrando na cidade.

«O Goberno de Inés Rey busca mediante campañas como a deste Samaín dinamizar a economía local, invitando á cidadanía a participar das celebracións e acudir aos negocios participantes, que este ano superaron os cen», dixo a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas. Nesta edición do concurso de escaparatismo os cinco establecementos gañadores repártense 6.500 euros de premio. O escaparate gañador, O Recuncho Floral, acadou un premio de 2.500 euros, mentres que o segundo e o terceiro conseguiron 1.500 e 1.000 euros. Completan a lista o cuarto e quinto con 750 euros cada un.

Un xurado acudiu a cada un dos locais participantes desde o pasado 15 de outubro e valorou a decoración dos negocios de 1 a 10 puntos en base a diferentes criterios: ambientación relacionada coa festividade, orixinalidade, complexidade e proporción da montaxe e estética.

O concurso de escaparatismo de Samaín forma parte das actividades organizadas polo Concello para conmemorar esta data e que implicaron a comercio local e centros educativos. Celebráronse pararrúas, concursos de disfraces e talleres infantís durante as últimas semanas.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies