Noticias de Galicia

O Concello encara a fase final das obras de San Andrés coa formigonaxe entre rúa Nova e Pórtico

Cando:

3 de novembro de 2024

O Concello encara a fase final das obras de San Andrés coa formigonaxe entre rúa Nova e Pórtico

Desde o vindeiro luns pecharase o cruce con Pórtico habilitándose desvíos para dúas garaxes e carga e descarga. As tarefas rematarán nas vindeiras semanas e permitirán abrir o tramo ao tránsito peonil ao finalizar os traballos

As obras de reurbanización de San Andrés encaran desde a semana que vén a súa fase final, coa formigonaxe do primeiro dos tramos, o que discorre entre rúa Nova e Pórtico. Desde o luns levaranse a cabo as últimas actuacións de canalización de servizos no cruzamento con Pórtico, que quedará pechado a todo tránsito rodado e, se a climatoloxía o permite, a finais de semana acometerase a formigonaxe dese tramo da rúa. 

A intención, indicou o concelleiro de Economía e Proxectos Estratéxicos, José Manuel Lage, é que os traballos específicos dese tramo finalicen nas vindeiras semanas. En paralelo, e tamén desde o próximo luns, comezará a instalación das máis de 50 farola previstas, todas elas con luces led. Tamén comezarán a chegar as primeiras moreiras de Valdeorras que darán á rúa a súa configuración como bulevar. As moreiras son da variedade fruitless para minimizar as manchas no pavimento. 

«Os cidadáns poderán ver como será a configuración definitiva de San Andrés ao rematar a formigonaxe, e en canto se vaian rematando os diferentes tramos iremos acometiendo a apertura parcial por zonas para o tránsito peonial», indicou Lage Tuñas. 

O peche desde o luns do cruce con Pórtico suporá que a zona que actualmente emprégase como carga e descarga deixará de ser accesible para os vehículos que saían por Álvaro Cebreiro. Agora, no horario establecido para a carga e descarga, de seis a once da mañá, poderán saír pola rúa Olmos. No que afecta as dúas garaxes afectados, terán que acceder a San Andrés pola rúa Sol e saír pola Estreita de San Andrés. O percorrido que terán que facer temporalmente eses vehiculos mentres duren as orbas será pola rúa Orzán, Pórtico, Boquete de San Andrés e Sol. 

A renovación de San Andrés foi un compromiso adquirido pola alcaldesa, Inés Rey, co obxectivo de contribuír á dinamización comercial da vía e mellorar o seu carácter peonil. As actuacións, que avanzan dentro dos prazos previstos e que teñen como data de remate o mes de febreiro do 2025, supoñen un investimento de 3,2 millóns de euros. 

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies