Noticias de Galicia

O Concello da Coruña envía bombeiros, vehículos e recursos materiais a Valencia para apoiar na resposta á DANA

Cando:

4 de novembro de 2024

O Concello da Coruña envía bombeiros, vehículos e recursos materiais a Valencia para apoiar na resposta á DANA

A alcaldesa, Inés Rey, despediu aos efectivos e subliñou o compromiso de solidariedade da Coruña coa cidadanía de Valencia

O Concello da Coruña, en resposta á situación de emerxencia derivada da DANA en Valencia, enviou hoxe un equipo de 12 bombeiros e cinco vehículos para colaborar nas tarefas de rescate e asistencia, a disposición da Generalitat Valenciana e en coordinación coa Xunta de Galicia. A alcaldesa, Inés Rey, despediu aos efectivos e subliñou o compromiso de solidariedade da Coruña coa cidadanía de Valencia ante os feitos acontecidos: «Quero agradecer a solidariedade de todos os coruñeses nestes días cos afectados pola DANA en Valencia, desmostrando unha vez máis o noso carácter solidario» sinalou.

Os profesionais desprazados levan consigo cinco vehículos especializados, incluíndo un autobús, vehículos de intervención rápida (BNP 32 e BLC 66), un vehículo de apoio loxístico (FUV 64), e unha furgoneta. Ademais, transportan equipos e materiais, que inclúe xeradores e bombas de auga para actuar en áreas inundadas, ferramentas hidráulicas e de rescate, como unha pinza multiusos, cizalla hidráulica e equipos para rescate en altura.

Tamén material para operacións de corte e desbroce, como motoserras de batería e de gasolina, picos e cepillos e equipos de protección individual e loxística como explosímetros, traxes desbotables, mochilas de rescate, ERAS, e dispositivos de comunicación. Así mesmo, transportan material necesario como auga e máscaras de tipo FFP2 para o seu reparto. «Poranse a disposición do mando avanzado en Valencia para as labores de rescate, limpeza e todo aquelo que sea preciso», explicou a rexedora. «Quero agradecer aos bombeiros que se presentaron voluntarios para desplazarse e axudar nestes momentos tan duros», indicou Rey.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies