Noticias de Galicia

O Concello adxudica a segunda fase de renovación do sistema de climatización na Fundación Luís Seoane

Cando:

27 de novembro de 2024

O Concello afrontará agora a segunda fase de renovación do sistema de climatización na Fundación Luís Seoane

A empresa Seranco será a encargada de executar os traballos, tal e como se expuxo hoxe na Xunta de Goberno Local

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras correspondentes á segunda fase de renovación do sistema de climatización e illamento da Fundación Luís Seoane, que permitirán solventar o problemas de filtracións que hai no inmoble desde hai máis dunha década.

«O Goberno de Inés Rey comprometeuse a solucionar isto de xeito definitivo. Por iso, é necesaria a posta en marcha desta segunda fase de renovación do sistema de climatización, clave para o correcto funcionamento do mesmo», indicou o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, que apuntou que será a empresa Seranco a que executará os traballos desta segunda fase.

Ademais, tamén se adxudicou o novo contrato para o control de aves no termo municipal, que asumirá a empresa Larus Control ata o ano 2026, cun orzamento de 300.000 euros ata a conclusión do servizo.

En paralelo, aprobouse a continuidade do contrato de conservación, mantemento e reparación das fontes ornamentais e estanques do Concello, asumido desde o ano 2020 pola empresa Socamex. Os pregos do contrato establecían a posibilidade de manter este vínculo por varios anos máis, e como máximo ata decembro de 2025. O investimento previsto ata entón é de medio millón.

A maiores, tamén se lle dará continuidade un ano máis ao servizo de conservación e mantemento dos xacementos arqueolóxicos do Concello, que inclúen, entre outros enclaves patrimoniais, á Torre de Hércules e o Castro de Elviña. Destinaranse case 150.000 euros de investimento a este servizo ata finais do ano que vén.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies