Noticias de Galicia

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

Cando:

19 de novembro de 2024

A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, participou esta mañá na xornada organizada pola Fundación Mujeres e que conta coa colaboración do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller Emprendedora. O acto tivo lugar no centro de emprego Accede Papagaio.

A concelleira reafirmou «o compromiso do Goberno de Inés Rey co talento feminino» e na necesidade de acadar unha igualdade real en todos os sectores empresariais e laborais. A xornada tivo como principal obxectivo poñer en valor o traballo de novas emprendedoras e empresarias consolidades, tendo como temática central a dixitalización no tecido empresarial. Durante a mañá celebráronse diferentes paneis de empresarias e emprendedoras.

A concelleira Diana Cabanas lembrou que o centro de emprego Accede Papagaio contra cunha ampla programación de asesoramento e formación. Nese sentido, este venres 22 celebrarase a xornada ‘Medrar e Compartir. Experiencias e crecemento no coworking’, entre as 11.00 e as 14.00 horas, con un obradoiro e unha mesa redonda.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies