Noticias de Galicia

Desvelados os finalistas do programa ‘JF64 Emprende’, co que o Concello contribúe a impulsar proxectos dos talentos e empresas emerxentes no sector téxtil

Cando:

21 de novembro de 2024

A concelleira Diana Cabanas participou hoxe na xornada informativa sobre o programa ‘JF64 Emprende’

A concelleira Diana Cabanas destacou a interese amosada polas start-ups nesta segunda edición da convocatoria. No acto tiveron representación as firmas Diesemm e Galicia de Moda, coorganizadoras da iniciativa

O centro municipal de empresas do Papagaio acolleu este xoves o acto no que se desvelou aos dez proxectos finalistas da segunda edición do programa ‘JF64 Emprende’, unha iniciativa impulsada polo Concello e as firmas Diesemm e Galicia de Moda para fomentar a cultura do emprendemento, cunha orientación moi específica ás empresas e profesionais da industria téxtil.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, recalcou que «o Goberno de Inés Rey está comprometido co obxectivo de posicionar A Coruña como un referente no sector téxtil e creativo, a escala nacional e internacional», e puxo como exemplo o recente desenvolvemento do evento Modiña Summit, que contou coa colaboración do Concello para ligar os principais talentos emerxentes e empresas da moda, «consolidando a nosa cidade como epicentro da innovación e sostibilidade neste eido».

Cabanas apuntou que o programa ‘JF64 Emprende’ xira arredor dunha plataforma que lle brinda apoio ás emprendedoras e emprendedores galegos á hora de transformar as súas ideas en proxectos sólidos e competititivos no mercado.

Máis de 30 startups amosaron a súa interese en participar nesta segunda edición, «amosando que este modelo de apoio funciona e segue espertando interese porque non só é unha competición, senón un laboratorio de ideas» a modo de co-working express, ideado para promover o traballo e colaboración colectiva no sector téxtil.

Neste sentido, hoxe confirmouse ás dez startups finalistas do programa, que deberán presentar a súa proposta o vindeiro día 3 de decembro ante un xurado profesional. Son Lumecu, Colykke, Ana Martín Creaciones, Sel Parapar, Ovillova, IA Aplicada a moda, Probador Virtual, Suidade, Llanura e Rotsen. Entre as iniciativas plantexadas hai espazo para un market-places orientado á moda, a aplicación da intelixencia artificial no sector e tamén roupa adaptada a persoas con diferentes neurodesenvolvementos, entre outras.

Cómpre lembrar que as tres ideas gañadoras recibirán un premio económico, ademais dun asesoramento específico para ver impulsado o seu proxecto na súa fase de emprendemento.

Ademais de Cabanas, no acto desta mañá tamén participaron David Suárez, xefe executivo de Diesemm, Juan Morandeira, director creativo de De Los Aires, e Xosé Luis Reza, presidente do Cluster Ecommerce. Todos eles, ao igual que a concelleira Diana Cabanas, integrarán o xurado que determinará aos gañadores do certame o 3 de decembro.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies