Noticias de Galicia

Conta atrás para a apertura da nova convocatoria das Bolsas Norteamérica, de cara ao curso educativo 2025-26

Cando:

13 de novembro de 2024

Conta atrás para a apertura da nova convocatoria das Bolsas Norteamérica, de cara ao curso educativo 2025-26

O aeroporto de Alvedro, nunha imaxe de arquivo

Un ano máis, o alumnado coruñés de 4º de ESO terá a oportunidade de cursar o primeiro ano de Bacharelato no continente americano

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases da nova convocatoria das Bolsas Norteamérica do curso educativo 2025-26, posibilitando, un ano máis, que o alumnado coruñés en 4º ESO teña a oportunidade de cursar o primeiro ano de Bacharelato en Norteamérica, co obxectivo de que as e os rapaces beneficiarios adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e tamén coñezan e vivan polo miúdo a cultura e sociedade do país de acollida.

O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, incidiu en que «o Concello da Coruña foi pioneiro no establecemento destas bolsas, que abranguen agora tanto os Estados Unidos como Canadá despois do éxito que tivo a convocatoria neste último país tras a pandemia, cun alto grado de satisfacción por parte das e dos participantes».

Como xa é habitual, o prazo de solicitude das prazas abrirase ao día seguinte da publicación do extracto das bases tanto no Boletín Oficial da Provincia (BOP) como na web do Concello.

A apertura da convocatoria notificarase, chegado o momento, a través das canles oficiais do Concello.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies