Noticias de Galicia

Conclúen os traballos de restauración do monumento ao intelectual Alexandre Bóveda, en Catro Camiños

Cando:

1 de novembro de 2024

Os traballos sobre a obra do artista Francisco Pérez Porto foron coordinados por Carme Romero, discípula e especialista no ideoleto do fenés

O Concello da Coruña concluiu esta semana os traballos de restauración do monumento a Alexandre Bóveda, localizado na praza de Xosé Toubes. Ademais das actuacións previstas no proxecto de restauración, o Goberno de Inés Rey acondicionou a contorna cunha nova superficie axardinada arredor do Monumento, co obxectivo de poñelo en valor. Esta está formada por seis tipos de plantas: Herba das fontes, xeranio de flor azul, salvia dos pantanos, semprevivas, bambú sagrado anano e violetas dos alpes.

O monumento, obra do artista Francisco Pérez Porto, inaugurouse no 2008 en homenaxe ao intelectural e referente galeguista coa celebración dun acto público no que participaron numerosas persoas recoñecidas do mundo da cultura galega. Pérez Porto, natural de Fene e colaborador en Sargadelos desde o ano 1984 con Isaac Díaz Pardo, conta con intervencións destacadas como a creación dos elementos sinaléticos do Camiño Francés en Galicia, de Pedrafita a Santiago.

A escultura restaurada presentaba pequenas patoloxías como acumulación de depósitos de po e sucidade ou adherencia de liquens, froito da súa localización ao aire libre, así como pintadas ou elementos faltantes. O Concello da Coruña acometeu unha limpeza integral da peza e reintegrou os elementos inexistentes. Ademais, acondicionou  pintou a base-peana e recuperou a gama cromática orixinal. Os traballos foron coordinados pola restauradora Carme Romero, discípula e especialista en cerámica e idiolecto artístico do fenés.

O monumento mostra unha imaxe compositiva dividida en catro alturas a través da que se simboliza a loita polos ideais galeguistas de Bóveda. «O monumento a Alexandre Bóveda supón o recoñecemento da cidade a un dos intelectuais de cabeceira do galeguismo. Acondicionar esta peza pon de manifesto o compromiso deste Goberno local non só co patrimonio histórico e monumental senón coa propia cultura galega», sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies