Celebración do Día dos Dereitos da Infancia na EIM Cativos de Palavea e a EIM Monte Alto
Cando:
20 de novembro de 2024
O mércores 20 de novembro, as actividades de mañá estiveron centradas nos Dereitos da Infancia.
Con motivo da celebración, o mércores 20 de novembro, do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, as EIM Os Cativos de Palavea e a EIM Monte Alto centraron as súas actividades da mañá nesta temática.
Os contos, as cancións, xogos, personaxes e imaxes foron utilizados como recursos para ir relatando e nomeando os dereitos dunha forma próxima aos intereses das nenas e nenos da escola.
A través de recreacións sobre teas brancas (fundas de coxíns) presentáronse os Dereitos, pensando sempre na forma máis adecuada para que a mensaxe estivese adaptado ás nenas e nenos.
O proxecto DEREITOS DA INFANCIA é un proxecto da EIM Os Cativos de Palavea no que as familias e equipo educativo da EIM Monte Alto tiveron unha participación moi importante.