Noticias de Galicia

Case 1.500 persoas participarán este domingo na Carreira Popular de Novo Mesoiro

Cando:

21 de novembro de 2024

A cita deportiva porá o peche ao circuíto Coruña Corre deste ano

Este domingo disputarase a Carreira Popular de Novo Mesoiro, que marcará o peche desta undécima edición do circuíto Coruña Corre, unha iniciativa xa clásica no calendario deportivo anual da cidade e coa que o Goberno de Inés Rey dinamiza, ano tras ano, a programación de actividades de ocio nos barrios. Está prevista a participación de case 1.500 persoas nesta proba.

Están previstos diversos percorridos tanto para as e os participantes na categoría absoluta como para as persoas inscritas en categorías inferiores (sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e peques). No caso da categoría absoluta está previsto un trazado de 5,5 quilómetros, case na súa totalidade sobre asfalto, con saída ás 10.00 horas desde a contorna do polideportivo municipal de Novo Mesoiro, na rúa dos Ancares. O percorrido seguirá, xa a continuación, ao longo da avenida de Novo Mesoiro, as rúas Fragas do Eume e Ribeira Sacra, para enfilar posteriormente polas sendas peonís lindeiras á rúa Illa de Sálvora e volta ás inmediacións do pavillón do barrio. As saídas correspondentes ás categorías inferiores sucederanse de forma progresiva tras a entrega de premios ás e aos competidores na proba absoluta, que terá lugar ás 11.00 horas.

Cómpre lembrar que o Concello habilitará un servizo de gardarroupa nunha carpa habilitada na zona de saída e de meta de 9.30 a 11.30 horas. Ademais, as persoas participantes na proba disporán de auga e avituallamento sólido na súa chegada á meta.

Afectacións ao tráfico

Por outra banda, a carreira levará aparelladas afectacións ao tráfico no barrio de Novo Mesoiro, ao longo do seu percorrido. O peche do circuíto ao tráfico se efectuará 15 minutos antes da saía da proba absoluta. A rúa Ancares permanecerá pechada desde o comezo das labores de montaxe da zona de saída e de meta. Ata as 11.30 horas estará afectado o percorrido principal da carreira, momento no que comezarán a quedar libres e permitirase a circulación nas rúas Fragas do Eume, Ribeira Sacra e no tramo da avenida de Novo Mesoiro que linda con Illa de Sálvora, o que permitirá circular por rúa Convento ata Correlo. A partir das 12.00 horas só quedarán ocupadas as rúas Ancares e Laxe. O transporte público verase afectado en iguais condicións.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies