Noticias de Galicia

As entradas para ver ‘Soy Nevenka’, dispoñibles dende mañá, de balde, no Centro Cívico de Monelos

Cando:

10 de novembro de 2024

As entradas para ver ‘Soy Nevenka’ poderán recollerse no centro cívico de Monelos

Proxectarase o xoves 21 de novembro ás 19.00 horas nos Cantones Cines como parte da programación do Concello polo 25-N

Dende mañá, luns 11 de novembro, o Concello pon a disposición o Centro Cívico de Monelos como punto de recollida das entradas para a proxección do filme ‘Soy Nevenka‘ (2024) de Icíar Bollaín. Trátase dunha das actividades postas en marcha polo Goberno de Inés Rey con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O filme, dirixido por Bollaín e producido por Kowalski Films, conta a historia de acoso sexual e laboral que sofreu Nevenka Fernández, concelleira de Facenda en Ponferrada entre o 1999 e o 2000, por parte do entón alcalde da vila, Ismael Álvarez. Trátase da primeira condena a un político por acoso en España. Formou parte da sección oficial da 72ª edición do Festival de San Sebastián e nominada á Concha de Ouro como Mellor Película.

A proxección será o xoves 21 de novembro ás 19.00 horas en Cantones Cines. Está destinado ao público xeral e poderanse recoller as entradas no Centro Cívico de Monelos, de luns a venres en horario de 8.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas. Tamén os sábados de 10.30 a 13.30 e de 14.30 a 20.30 horas.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies