Noticias de Galicia

A Coruña homenaxea o 150 aniversario do nacemento de Picado cunha cea especial na Taberna Triay

Cando:

14 de novembro de 2024

Donete de cocido. Imaxe cedida por Taberna Triay

O evento terá lugar o xoves 21 de novembro e as reservas terán que realizarse chamando directamente ao propio local

O Concello da Coruña organiza unha cea para o vindeiro xoves, 21 de novembro, con motivo do 150 aniversario do nacemento de Manuel María Puga e Parga ‘Picado’, escritor, gastrónomo e político que dá nome ao certame de tapas que o vindeiro venres 22 arrincará a súa vixésima edición.

O evento gastronómico terá lugar na Taberna Triay ás 21:00 horas e correrá a cargo de Manuel Triay, gañador do premio á Mellor Tapa Receitario Picado 2022 e á Mellor Tapa Creativa no 2023. Ademais, con esta última foi proclamado Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia no mesmo ano.

A cea, na que colabora Estrela Galicia, estará baseada en tapas. Dous delas serán precisamente as tapas coas que Manuel Triay gañou o certame de Picado nas súas respectivas categorías e o resto estarán elaboradas polo propio cociñeiro nunha homenaxe especial ao gastrónomo. O menú contará cunha maridaxe de cervexas 1906 de Estrela Galicia.

O prezo da cea é de 30 euros e para reservar será preciso chamar á Taberna Triay no número 604 055 456.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies