A Coruña homenaxea o 150 aniversario do nacemento de Picadillo cunha cea especial na Taberna Triay
Cando:
14 de novembro de 2024
O evento terá lugar o xoves 21 de novembro e as reservas terán que realizarse chamando directamente ao propio local
O Concello da Coruña organiza unha cea para o vindeiro xoves, 21 de novembro, con motivo do 150 aniversario do nacemento de Manuel María Puga e Parga ‘Picadillo‘, escritor, gastrónomo e político que dá nome ao certame de tapas que o vindeiro venres 22 arrincará a súa vixésima edición.
O evento gastronómico terá lugar na Taberna Triay ás 21:00 horas e correrá a cargo de Manuel Triay, gañador do premio á Mellor Tapa Receitario Picadillo 2022 e á Mellor Tapa Creativa no 2023. Ademais, con esta última foi proclamado Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia no mesmo ano.
A cea, posta en marcha por Fillos de Rivera, estará baseada en tapas. Dous delas serán precisamente as tapas coas que Manuel Triay gañou o certame de en Picadillo as súas respectivas categorías e o resto estarán elaboradas polo propio cociñeiro nunha homenaxe especial ao gastrónomo. O menú contará cunha maridaxe da familia de Cervexas 1906.
O prezo da cea é de 30 euros e para reservar será preciso chamar á Taberna Triay no número 604 055 456.