A ANPA Titongo busca darlle unha segunda vida a roupa e xoguetes coa realización dun mercado solidario
Cando:
27 de novembro de 2024
As doazóns de roupa e xoguetes poderanse facer ata o día 29 de novembro na EIM Monte Alto.
Desde a ANPA Titongo, da Escola Infantil Municipal Monte Alto, propóñennos unha actividade colaborativa que, ademais de encaixar como complemento formativo ao traballo realizado na escola, serve como axuda na recadación de ingresos para a asociación, necesarios para que poida seguir impulsando todas as actividades que subvenciona.
Trátase da organización dun mercado de roupa e xoguetes de segunda man no que lles dar saída ás pezas que xa non lles serven aos pequenos e ás pequenas, así como a xoguetes que xa non se usen e que poden ser de utilidade para outras familias.
Para levar a cabo a actividade necesitan que todas as familias que queiran participar fagan as súas doazóns ata o 29 de novembro. Só teñen que traelas á escola e entregalas en bolsas (preferiblemente polas mañás, no momento da entrada).
A roupa que se necesita sería:
- Roupa interior en bo estado: bodis, calcetíns, pixamas…
- Camisetas de manga longa e curta
- Pantalóns longos e curtos
- Roupa de deporte (piscina, neve…)
- Roupa de abrigo
- Calzado (só se está sen uso ou apenas usado)
- Complementos como por exemplo gorros, bufandas, mochilas…
Os talles ideais serían de 1 a 5 anos. É importante que a roupa se entregue limpa.
En canto aos xoguetes, estes deben estar en bo estado: que non lles falten pezas ou que funcionen no caso de seren electrónicos. Bonecos e xogos de mesa tamén son benvidos.
Celebración do mercado
Tras a clasificación de todas as pezas e xoguetes recollidos, o mércores 4 de decembro, entre as 17.00 e as 20.00 h, realizarase un mercado en GANDAINA (rúa Curros Enríquez, 11).
Os prezos serán moi económicos (entre 0,5 € e 5 €). A finalidade non é só recadar fondos para a ANPA senón fomentar a circularidade sen ter que facer un esforzo económico grande.
Todo o que estea en mal estado será descartado e o que non sexa vendido será doado de novo, principalmente a familias afectadas pola DINA.