Noticias de Galicia

A alcaldesa, Inés Rey, abre o XXIII Congreso da CEDE destacando o liderado como clave na aplicación da intelixencia artificial de forma responsable

Cando:

28 de novembro de 2024

A alcaldesa, Inés Rey, no acto de apertura do congreso

Á cita asistiron arredor de 1.600 persoas e contou con poñentes como Nadia Calviño, José María Álvarez-Pallete, Francisco Reynés ou Juanjo Cano

A alcaldesa, Inés Rey, abriu esta mañá o XXIII Congreso da Confederación Española de Directivos e Executivos (CEDE), un encontro de referencia nacional que este ano reúne a 1.600 profesionais da dirección baixo o lema ‘Liderazgo en tempos de Intelixencia Artificial’.

Entre as persoas relatoras destacan Nadia Calviño, presidenta do Banco Europeo de Investimentos; José María Álvarez-Pallete, presidente executivo de Telefónica; Francisco Reynés, presidente executivo de Naturgy; ou Juanjo Cano, presidente de KPMG.

Rey subliñou a importancia da colaboración entre o sector público e privado para garantir un progreso económico sostible e humano: «Os cimentos do progreso deste país poñédelos as empresas e os emprendedores capaces de xerar actividade económica. É un reto aínda maior nestes tempos de transición, marcados pola irrupción da intelixencia artificial», afirmou. Rey estivo acompañada por Rosa María Carabel, presidenta do Comité Organizador, e Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña. O acto continuou coa intervención de Nadia Calviño, presidenta do BEI, quen ofreceu un relatorio inaugural sobre o liderado en Europa na nova economía verde e dixital.

Rey destacou o papel da Coruña como capital galega das TIC e sede da primeira Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), un logro que atribuíu ao traballo conxunto de administracións, universidades e o tecido empresarial. A alcaldesa animou a reflexionar sobre o uso ético e sostible da IA, lembrando que «o progreso só é avance cando está ao servizo das persoas».

Ademais, tivo palabras de recoñecemento para Nadia Calviño, a quen definiu como «un referente de talento e liderado». Rey agradeceu o seu apoio a proxectos clave para A Coruña, consolidando á cidade como un centro de innovación tecnolóxica e científica.

Visita do Rey de España e clausura do Congreso

A xornada continuou coa visita da súa Maxestade o Rey Felipe VI, quen encabezou unha liña de saúdo oficial a Secretario de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales, Antonio Hernando; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa, Inés Rey. O congreso clausurouse coas intervencións da súa maxestade o Rey, o presidente da Xunta de Galicia e Isidro Fainé, presidente da Fundación CEDE.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies