Noticias de Galicia

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo Souto

Cando:

17 de outubro de 2024

Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro

O Concello da Coruña organiza unha nova edición de ‘A Coruña das Letras’, un programa de andainas guiadas polo músico e escritor Xurxo Souto para coñecer a historia dos barrios da cidade. Con esta iniciativa o Goberno de Inés Rey ten como obxectivo poñer en valor a identidade de barrio, dando a coñecer dun xeito divulgativo a idiosincrasia e cultura da Coruña.

Nesta edición realizaranse tres visitas guiadas. Comezan sábado 19 de outubro, cunha ruta por Monelos. Continuarán o vindeiro 26 de outubro por San Roque de Fóra e Labañou e o 9 de novembro pola agra e o cemiterio de Santo Amaro. Nesta última andaina Xurxo Souto contará coa colaboración da escritora Emma Pedreira. A actividade, dirixida a maiores de 16 anos, ten unha duración de aproximadamente hora e media.

En total, para cada unha das andainas, o Concello oferta 55 prazas que se poden solicitar a través do correo inscricionslingua@coruna.gal, indicando nome e apelidos e un teléfono de contacto. Pode enviarse a solicitude desde o luns anterior a cada unha das andainas ata completar capacidade. O lugar de saída para comezar a ruta comunicarase no correo de confirmación da inscrición. Toda a información pode consultarse na web www.coruna.gal/lingua. 

O Goberno local ten como obxectivo chegar aos diferentes puntos da cidade, achegándolle ao público a oportunidade de coñecer a toponimia tradicional da cidade e a literatura que habitou nos diferentes barrios. Durante a primavera organizáronse dúas visitas por Monte Alto, e as aldeas de Castro e Elviña e no outono de 2023 pola contorna da Torre de Hércules, Os Mallos e Os Castros.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies