Noticias de Galicia

Unha edición especial do ‘Feirarrúa’ chega mañá á rúa Orzán e as prazas da Cormelana e José Sellier

Cando:

18 de outubro de 2024

Celebrarase o primeiro Concurso de Petiscos, dende as 13.00 horas, con entrega de premios ás 20.30 horas

A xornada, centrada no arte e a gastronomía, comezará ás 12.00 horas coa apertura do mercado de arte e contará con música e obradoiros de balde

A Coruña acollerá mañá, sábado 19 de outubro, unha edición especial do ‘Feirarrúa’ centrada no arte e a gastronomía. O Concello da Coruña colabora coa Federación Unión Comercial Coruñesa (FUCC) e a Asociación de Comerciantes Soho Orzán na organización da iniciativa. A xornada comezará ás 12.00 horas coa apertura do Mercado de Arte que se extenderá ate as 20.30 horas e contará con música e obradoiros de balde.

En concreto, ás 12.30 horas terá lugar o obradoiro infantil ‘Lamber os dedos’ de elaboración de doces con praliné. Será de hora e media, rematando ás 14.00 horas. O seguinte será de arranxos florais para a mesa, ás 17.00 horas, da man de ‘Te prometo un jardín de rosas’ e ás 18.30 horas o último dos obradoiros, coa sumiller Sonia Molero sobre ‘Como escoller un viño para unha comida’ con cata de viños naturais. A música chegará a partir das 13.30 horas cunha sesión vermú da man de ‘Los Vintafonistas’ e seguirá ás 17.00 horas coa sesión DJ de Rompecinturas.

Celebrarase o primeiro Concurso de Petiscos, dende as 13.00 horas, con entrega de premios ás 20.30 horas. Estarán repartidos pola rúa Orzán diante dos establecementos participantes. O concurso consistirá na cata, por parte do público, das tapas ofertadas para o concurso e posterior votación podendo outorgar unha mención ao máis votado. En canto ao local gañador, será un xurado o que determine o gañador outorgándolle o primeiro premio do Concurso de Petiscos.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Sobral, sinalou que a colaboración na iniciativa vai na liña doutras actuacións postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para a dinamización do comercio local na Coruña: «Os nosos comercios e productos son de primeira e eventos e citas como o Feirarrúa ou outras como os Mercados Sostible e Ecolóxico permítenos dalos a coñecer e poñer en valor» explicou.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies