Noticias de Galicia

Publícanse as bases de selección do obradoiro dual de emprego «Culleredo Activo III»

Cando:

25 de outubro de 2024

O Obradoiro dual de emprego “CULLEREDO ACTIVO III” é promovido polo Concello de Culleredo e o Concello da Coruña

A finalidade do Obradoiro Dual de Emprego denominado «CULLEREDO ACTIVO III», é realizar melloras nos obradoiros do Centro Municipal de Formación e Emprego «Pablo Picasso» e a impermeabilización da Casa dos Legoeiros

O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. As persoas traballadoras serán contratadas, baixo a modalidade de contrato de traballo para a formación e aprendizaxe e percibirán as retribucións que lles correspondan de conformidade co previsto na normativa vixente.

Atendendo ó establecido na cláusula segunda do convenio de colaboración subscrito entre o Concello da Coruña e o Concello de Culleredo para a realización deste programa, participará alumnado de ámbolos dous concellos, seleccionándose 14 alumnos/as do Concello de Culleredo, e 6 alumnos/as do Concello da Coruña.

As especialidades a impartir son as seguintes.

  • Operacións básicas de revestimentos lixeiros e ténico en construcción (EOCJ0311). 
  • MF0873_1 pintura e materiais deimprimación e protectores enconstrución (EOCB0311)
  • Traballos de carpintería e moble (MAMD0209)

Documentos:

Bases de selección equipo directivo (303 KB)

Bases de selección alumnado (253 KB)

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies