Noticias de Galicia

Persoas usuarias de Asperga e Aspronaga foron homenaxeadas hoxe en María Pita polo seu traballo como filatelistas nun proxecto apoiado polo Concello

Cando:

15 de outubro de 2024

O acto de entrega de medallas e diplomas aos participantes tivo lugar no Palacio Municipal de María Pita

A Sociedade Filatélica da Coruña, coa colaboración de Correos, organizou unha serie de talleres ideados para estimular a creatividade das persoas participantes. A iniciativa foi financiada pola Fundación Emalcsa

O Palacio Municipal de María Pita acolleu hoxe a entrega de medallas e diplomas ás e aos máis de 30 participantes no proxecto ‘A miña primeira colección de selos‘, unha iniciativa da Sociedade Filatélica da Coruña e financiada polo Concello a través da convocatoria ‘Cultura accesible e inclusiva’, da Fundación Emalcsa.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, participou no acto, acompañada pola tamén concelleira Yoya Neira, en calidade de vicepresidenta da Fundación Emalcsa, polo seu director xerente, Manuel Aguilar, o presidente da Sociedade Filatélica da Coruña, José Luis Rey, e director da oficina de Correos, Francisco Javier Varela.

O proxecto, que contou coa colaboración da empresa estatal de Correos, implicou a persoas usuarias das asociacións Asperga e Aspronaga en talleres de filatelia, co obxectivo de estimular a súa creatividade no contexto das sesións. Desta forma, o selo personalizado emitido por Correos é o resultado da colaboración coa artista coruñesa Yolanda Dorda, que homenaxea os novos filatelistas participantes neste programa.

Neste sentido, Nereida Canosa lembrou que «a cultura, ao igual que o deporte e a educación, abren portas á socialización e á integración comunitaria», e subliñou que acadar unha inclusión social real «pasa por achegar en positivo aos colectivos máis vulnerables, dándolles liberdade para que se expresen e facilitando o seu traballo en grupo».

«Iniciativas coma esta son as que sentan as bases dunha sociedade máis humana, que visibilice o talento de todas e todos. Pouco a pouco, imos vendo avances en aspectos como a contratación laboral de persoas con diversidade funcional. Temos aquí, moi preto de nós, os casos do Quiosco Down Experience e dos cabaliños de Méndez Núñez que se xestionan desde a APEM. Mais tamén é certo que debemos seguir traballando para que este tipo de iniciativas non sexan excepcións», incidiu Canosa.

Os homenaxeados esta mañá por parte de Aspronaga foron Benjamín Barbadillo, Martín Blanco, José Manuel Bravo, Ana María Capelete, Eva María Cea, Marta Costa, Sabela Fernández, Vicente Fernández, José Carlos Franco, Jaime García, Pilar López, Álex Núñez, Fernando Otero, Inés Pérez, Aarón Rey, María Jesús Rivas, María Sandá, Alberto Santos, Victoria Seoane, Juan Ignacio Sousa, Claudio Varela, Alba Veiga e Alejandro Vila.

Pola parte de Asperga, entregáronselle medallas e diplomas a Silvia Serena Baptista, Ana Barreales, Xabier Bustamante, Daniel Collazo, Santiago Giraldo, Jorge Martínez, Santiago Pose e Patricia Vázquez.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies