Os Clubs de Lectura da Coruña viaxaron a Gijón para manter un encontro coa escritora Ana Blandiana
Cando:
22 de outubro de 2024
A literata de orixe rumano é a galardoada este ano co Premio Princesa de Asturias, un dos recoñecementos internacionais máis importantes
Unha delegación de 60 coruñeses e coruñesas dos Clubs de Lectura viaxaron este luns, 21 de outubro, a Gijón/Xixón, en Asturias, para manter un encontro coa escritora Ana Blandiana. A literata, de orixe rumano, é a galardoada este ano co Premio Princesa de Asturias, un dos recoñecementos internacionais máis importantes.
A rede de Bibliotecas Municipais da Coruña foi convidada pola Fundación Princesa de Asturias como parte da axenda de actividades culturais organizados na semana dos premios, xunto con persoas membro dos clubs de lectura de Bibliotecas Públicas de toda España. «É un orgullo que unha institución de referencia como é a Fundación Princesa de Asturias recoñeza as nosas bibliotecas públicas convidándonos cada ano a formar parte da celebración» sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.