Noticias de Galicia

O mercado ecolóxico volve este domingo 20 ao Campo da Leña, cunha ampla programación de actividades que inclúe clases de ioga e obradoiros infantís

Cando:

19 de outubro de 2024

O mercado ecolóxico no Campo da Leña, nunha imaxe de arquivo

O Concello impulsa un amplo abano de propostas para todos os públicos. Haberá venda de produtos de proximidade e, en paralelo, iniciativas de ocio e lecer entre as 10.00 e as 13.30 horas

O Concello promove esta fin de semana unha nova edición do mercado ecolóxico municipal, que volve a unha das súas localizacións recorrentes ao longo do ano, o Campo da Leña. Será este domingo 20 de outubro, das 10.00 ás 15.00 horas.

Como xa é habitual, comercios de proximidade habilitarán os seus postos de venda ao longo da mañá, contribuíndo así a visibilizar o produto local. O apoio e impulso ao pequeno e mediano comercio é un dos compromisos asumidos polo Goberno de Inés Rey en materia de dinamización económica a escala municipal, de aí que os mercados ecolóxicos se estean levando a cabo baixo un formato rotatorio e en expansión aos barrios, que, durante os últimos meses, posibilitou a realización deste tipo de eventos en puntos como o Paseo das Pontes, Novo Mesoiro, a praza de Azcárraga e a de Pablo Iglesias, no Castrillón.

Ademais, este domingo tamén haberá actividades para todos os públicos no Campo da Leña. A programación arrincará ás 10.00 horas coa apertura dun espazo de dinamización infantil ideado para que o gocen as crianzas. 

Xa ás 10.30 horas comezará unha clase de ioga impartida por Marta R. Lozano, do proxecto Quimera. Será unha sesión de hora e media de duración, na que as persoas asistentes aprenderán nocións básicas para o autocoidado e o traballo de mente a través do corpo.

A maiores, e a partir das 11.30 horas, as e os máis pequenos poderán participar nun obradoiro creativo no que aprenderán a elaborar ourizos de xoguete. Para asistir ao taller será preciso inscribirse previamente no propio mercado, que será de balde cunha capacidade máxima para 15 nenas e nenos. O obradoiro durará unha hora.

A programación de actividades que se ofrecerá en paralelo á venda de produtos rematará cun coloquio sobre enerxías renovables e consumo de electricidade a cargo da Sociedade Cooperativa Galega ‘Nosa Enerxía’. Será entre as 12.30 e 13.30 horas.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies