Noticias de Galicia

O Concello remata a restauración do Cruceiro de Labañou

Cando:

23 de outubro de 2024

Os traballos sobre a peza, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), foron coordinados pola restauradora Rocío Barreiro Lopo

O Concello da Coruña rematou a restauración do Cruceiro de Labañou, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) polo seu valor patrimonial e histórico. Os traballos, iniciados no pasado mes de setembro, foron coordinados pola restauradora Rocío Barreiro Lopo, graduada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Leváronse a cabo en catro fases: desmontaxe do cruceiro para o seu traslado a taller, siglado e clasificación das pezas que o compoñen, restauración de elementos deteriorados e reposición dos faltantes e montaxe na localización orixinal. A intervención conta cun orzamento total de 14.000 euros para atender tanto ás necesidades de reparación como á mellora do estado de conservación e preservación do elemento para os vindeiros anos.

En concreto, acometeuse o tratamento de faltantes e restablecemento de elementos decorativos xunto coa limpeza e eliminación de vexetación e microorganismos mediante a aplicación de métodos de control para a ploriferación dos mesmos (especialmente vexetación adventicia, briofitos, fungos, algas e liques). cie.

De acordo co procedemento a seguir como elemento BIC, o Concello entregou a restauración para a súa valoración pola dirección xeral de Patrimonio Cultural de Galicia. O Goberno de Inés Rey culmina así a restauración do cruceiro, cumplindo cunha demanda dos veciños e veciñas do barrio de Labañou.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies