Noticias de Galicia

O Concello presenta as xornadas ‘As mulleres gardiás da ría e do mar’, que se terán lugar a vindeira fin de semana

Cando:

16 de outubro de 2024

O Concello presenta as xornadas ‘As mulleres gardiás da ría e do mar’, que se terán lugar a vindeira fin de semana

O encontro, organizado por ADEGA coa colaboración do Concello, contará cunha mesa redonda con seis mulleres ligadas ao mar e unha ruta pola ría do Burgo

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, presentou hoxe no Palacio de María Pita as xornadas ‘As mulleres gardiás da ría e do mar’, organizadas pola asociación ecoloxista ADEGA. As xornadas desenvolveranse a próxima fin de semana ao redor de dous actos centrais: o sábado 19, ás 11.00 horas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, haberá un mesa redonda que reunirá a seis mulleres cuxa vida e traballo está ligada dunha ou doutra maneira ao mar.  Ao día seguinte, o domingo 20 de outubro, ADEGA organiza unha ruta pola ría do Burgo para descubrir esta zona de produción marisqueira e a súa biodiversidade. Ambas as actividades son de balde.

«Con estas xornadas, a través dos testemuños de seis mulleres que dedican a súa vida ao mar desde diferentes perspectivas, o Goberno de Inés Rey poñer en valor o traballo das mulleres galegas: desde os oficios tradicionais como as redeiras ou as mariscadoras ata o seu actual papel como empresarias ou educadoras e divulgadoras ambientais», sinalou Neira.

A concelleira estivo acompañada na presentación das xornadas por Xandro García, voceiro de ADEGA – A Coruña e as relatoras Teresa Ramiro, mariscadora da ría do Burgo, e Mercedes Bernal, secretaria da Confraría de pescadores da Coruña entre 1990 e 2024. Ambas participarán nas conferencias do sábado xunto a outras catro traballadoras ligadas ao sector do mar e á loita medioambiental. As outras catro relatoras son Sandra Amezaga (secretaria da  Asociación Mulleres Salgadas), María Ballesteros (responsable de educación e voluntariado en Surfrider Fundation), Ángela Cortina (secretaria técnica para as flotas de grande altura de ARVI) e Itziar Díaz (educadora ambiental de ADEGA).

Para completar as xornadas, ao día seguinte, o domingo 20 de outubro tamén ás 11.00 horas, ADEGA organizará unha ruta pola ría do Burgo para descubrir esta zona de produción marisqueira e a súa biodiversidade. Este percorrido guiado non só permitirá coñecer a biodiversidade local, senón que tamén será unha oportunidade para reflexionar sobre as ameazas que enfrontan estes ecosistemas e a urxencia de protexelos. Esta ruta é de balde, mais cómpre inscribirse previamente na web de ADEGA.

Estas xornadas inscríbense na colaboración que mantén o Concello da Coruña con ADEGA, a máis veterana das asociacións ecoloxistas galegas que o ano que vén cumpre 50 anos.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies