Noticias de Galicia

O Concello comeza o próximo luns a levantar a duna da praia de Riazor

Cando:

19 de outubro de 2024

O Concello comeza o próximo luns a levantar a duna da praia de Riazor

Este luns 21 comezarán os traballos para levantar a duna de Riazor

A estructura superará os dous metros de altura e situarase na parte intermedia do areal

O Concello da Coruña comezará o próximo luns 21 de outubro os traballos para levantar na praia de Riazor a duna de area que protexerá o Paseo Marítimo dos posibles temporais costeiros da próxima tempada invernal.

A empresa responsable do servizo utilizará maquinaria especializada para levar a cabo os traballos, que transcorrerán ao longo da semana que vén. Desta forma, o Goberno de Inés Rey busca implementar medidas encamiñadas a garantir a seguridade das persoas e das infraestruturas durante os meses de inverno.

A duna superará os dous metros de altura e situarase na parte intermedia do areal, cunha separación de seguridade con respecto ao Paseo Marítimo. O obxectivo, como cada ano, é minimizar o impacto dos fenómenos costeiros no tráfico e nos elementos próximos ao litoral.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, lembrou que «durante os próximos seis meses, o persoal municipal revisará de maneira continua esta estrutura para planificar posibles reforzos en caso de ser necesarios en función dos temporais e fenómenos costeiros».

A duna de Riazor levantouse por primeira vez no ano 1995 como resposta a un forte temporal que derrubou a antiga balaustrada do Paseo Marítimo ao seu paso por este areal. Este tipo de situacións meteorolóxicas danse entre unha e tres veces ao ano de media.

A duna permanecerá en Riazor ata mediados de maio do ano de que vén, data na que será retirada para deixar as praias preparadas para o goce da tempada de baño a partir do 15 de xuño de 2025.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies