Noticias de Galicia

O Concello celebra o Samaín con pasarrúas, talleres infantís e concurso de escaparatismo

Cando:

22 de outubro de 2024

Este sábado terán lugar en dez espazos municipais diferentes actividades para nenos e nenas

Co obxecto de dinamizar o comercio de proximidade durante estas datas o Concello da Coruña desenvolve diversas actividades relacionadas coa celebración do Samaín que implican tanto aos propios comercios como á rapazada da cidade. O Goberno de Inés Rey aposta un ano más por organizar diferentes actividades para conmemorar esta festividade e promover o consumo.

Nestes momentos xa se está a realizar en diversos centros educativos da cidade a actividade de elaboración de disfraces e posteriormente o alumnado sairá á rúa a realizar o «Truco ou trato» polos comercios da súa zona. «A acollida a estas iniciativas está sendo moi boa grazas ao gran tecido asociativo do noso comercio local, sempre disposto a colaborar coas campañas promovidas desde o Goberno de Inés Rey», sinalou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.

Tamén se está a desenvolver o tradicional concurso de escaparatismo no que se inscribiron máis de 100 comercios. O xurado visitará os escaparates valorando a ambientación na festa tradicional do Samaín, a orixinalidade, a estética e a complexidade da montaxe. O día 31 comunicaranse os cinco escaparates premiados, que se repartirán un total de 6.500 euros.

Neste momento está aberto a prazo de inscrición para os obradoiros infantís gratuítos, que se realizarán o sábado 26 de outubro en 10 lugares da cidade. Neles poderá participar a cativada de 4 a 12 anos presentando un tícket de compra realizada nun comercio de proximidade desde o día 15 de outubro por un mínimo de 5 euros. A inscrición pode realizarse a través da páxina web: samaincoruna.gal.  

Localización e horarios dos talleres do sábado

Mercado municipal de San Agustín

  • 10:15 a 11:00 Escena de Samaín (Diorama)
  • 11:30 a 12:30 Disfrace de Cabaza
  • 13:00 a 14:00 Monicreque de Samaín

Mercado municipal de Elviña

  • 10:15 a 11:00 Disfrace de Cabaza
  • 11:30 a 12:30 Escena de Samaín (Diorama)
  • 13:00 a 14:00 Monicreque de Samaín

Mercado municipal de Eusebio da Guarda

  • 10:15 a 11:00 Monicreque de Samaín
  • 11:30 a 12:30 Disfrace de Cabaza
  • 13:00 a 14:00 Escena de Samaín (Diorama)

Mercado municipal de Monte Alto

  • 10:15 a 11:00 Monicreque de Samaín
  • 11:30 a 12:30 Escena de Samaín (Diorama)
  • 13:00 a 14:00 Lapiseiro de araña

Centro Cívico San Diego

  • 10:15 a 11:15 Escena de Samaín (Diorama)
  • 11:30 a 12:15 Disfrace de Cabaza
  • 12:30 a 13:15 Lapiseiro de araña

Centro Cívico Castrillón

  • 10:45 a 11:15 Escena de Samaín (Diorama)
  • 11:30 a 12:15 Lapiseiro de araña
  • 12:30 a 13:15 Monicreque de Samaín

OMIC (Oficina Municipal de Información a las Personas Consumidoras)

  • 10:15 a 11:00 Monicreque de Samaín
  • 11:30 a 12:30 Escena de Samaín (Diorama)
  • 13:00 a 14:00 Lapiseiro de araña

Centro Cívico de Eirís

  • 10:45 a 11:15 Monicreque de Samaín
  • 11:30 a 12:15 Disfrace de Cabaza
  • 12:30 a 13:15 Lapiseiro de araña

Centro Cívico Novoboandanza

  • 10:15 a 11:00 Monicreque de Samaín
  • 11:30 a 12:30 Disfrace de Cabaza
  • 13:00 a 14:00 Escena de Samaín (Diorama)

Centro Cívico Sagrada Familia

  • 10:45 a 11:15 Monicreque de Samaín
  • 11:30 a 12:15 Disfrace de Cabaza
  • 12:30 a 13:15 Escena de Samaín (Diorama)

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies