Noticias de Galicia

O Concello avanza na nova ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico

Cando:

29 de outubro de 2024

O Concello avanza na nova ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz, reuniuse esta mañá coas distintas entidades e asociacións relacionadas co sector

O Goberno municipal da Coruña segue a avanzar no establecemento dunha nova ordenanza reguladora para as vivendas de uso turístico (VUT) do municipio. Esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz, mantivo un novo encontro na mesa sectorial creada para avanzar no novo regulamento da man das distintas entidades. Acudiron representantes da Federación de Asociacións de Veciños, Aproinco, Aviturga, Hospeco, Colexio Oficial de Administradores de Fincas, Colexio Oficial da Propiedade Inmobiliaria, COAG e Unión de Consumidores de Galicia.

No encontro, o concelleiro analizou as achegas recibidas durante o período de consulta pública, e explicou as liñas xerais do borrador de ordenanza no que está a traballar o Concello. Díaz indicou que durante as dúas vindeiras semanas está previsto traballar para consensuar a nova ordenanza a nivel político e avanzou que a mesa reunirase de novo tras ese período para escoitar tamén as aportacións que poidan facer as distintas partes. 

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies