Noticias de Galicia

O Concello abre mañá unha nova convocatoria para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais da Coruña, que contan actualmente con 83 vacantes

Cando:

24 de outubro de 2024

O Concello abre mañá unha nova convocatoria para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais da Coruña, que contan actualmente con 83 vacantes

As instalacións da EIM Arela, nunha imaxe de arquivo

O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, lembrou hoxe que “este é o quinto curso consecutivo con gratuidade nas EIM da Coruña, desde que o Goberno de Inés Rey puxo en marcha esta iniciativa, pioneira en Galicia”

O Concello abrirá mañá, venres 25 de outubro, unha nova convocatoria de prazas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), que oferta 83 vacantes distribuídas entre as instalacións educativas da Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (O Castrillón), Os Cativos (Palavea), Luís Seoane (Monte Alto) e Os Rosales.

Neste sentido, a meirande parte das prazas dispoñibles están asociadas á escola infantil municipal Os Cativos, que conta con 28 vacantes: 10 delas, para nenas e nenos na franxa de ata 1 ano de idade (2024); outras cinco na franxa de 1-2 anos (2023) e 13 máis na correspondente á franxa de 2-3 anos (2022).

A relación de prazas vacantes, por tramo de idade e recinto, é a seguinte:

EIM

AGRA

ARELA

A CARRICANTA

OS CATIVOS

LUÍS SEOANE

OS ROSALES

0-1 ANO

2 1 10 1 1

1-2 ANOS

2 5 1

2-3 ANOS

11 7 11 13 18

Neste sentido, o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, lembrou que «este é o quinto curso consecutivo con gratuidade nas EIM da Coruña, desde que o Goberno de Inés Rey puxo en marcha esta iniciativa no curso 2020-2021», unha medida que foi pioneira en Galicia.

A este respecto, o prazo de solicitude para novos ingresos estará aberto desde mañá e ata o vindeiro xoves 31 de outubro. As personas interesadas en solicitar praza nas EIM ou consultar toda a información relativa ao proceso de admisión poden facelo a través da páxina web do Concello.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies