Noticias de Galicia

Luz verde á saída a concurso da cafetaría do Centro Participativo Municipal do Birloque

Cando:

30 de outubro de 2024

As instalacións do Centro Participativo Municipal do Birloque, tras a súa recente reapertura

Desta forma, o Concello avanza para dotar á instalación de todos os servizos necesarios tras a remodelación do edificio, xa reaberto á cidadanía

A Xunta de Goberno Local, convocada este mércores en sesión ordinaria, aprobou a saída a licitación do contrato de concesión da cafetaría do Centro Participativo Municipal do Birloque, reaberto recentemente tras os traballos de reforma impulsados polo Goberno municipal. 

«Foi unha intervención na que o Concello levou a cabo un investimento de 929.000 euros, moi necesaria para reordenar o Centro co obxectivo de modernizalo para o seu uso social, cultural, educativo e veciñal, facelo máis funcional e accesible, máis cómodo para os usuarios e usuarias, e dar así un mellor servizo», explicou hoxe a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa.

Unha das tarefas pendentes era licitar o servizo da cafetaría na instalación, que estará en marcha nos vindeiros días. A recuperación da cafetería era un compromiso do executivo local para dar un mellor servizo ao barrio.

O proceso de licitación comezará proximamente, nada máis se publique o anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no perfil do contratante do Concello.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies