Noticias de Galicia

Inés Rey recibe a Fillas de Breogán tras proclamarse campioas do Paneuropeo de fútbol gaélico

Cando:

30 de outubro de 2024

A alcaldesa destacou a diversidade e a esixencia do deporte coruñés para acadar grandes éxitos coma este

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita ás xogadoras e corpo técnico de Fillas de Breogán tras proclamarse campioas do campionato Paneuropeo de fútbol gaélico feminino na categoría ‘Intermediate’. A rexedora felicitounas por este segundo campionato europeo, que xa acadaran no ano 2019. Fillas de Breogán gañaron o torneo ante Nantes por 10-8.

«Este novo éxito do deporte coruñés amosa o diverso que é o noso tecido deportivo e o esixente que é en todas as competicións nas que participan os seus conxuntos e deportistas», sinalou a alcaldesa. As integrantes de Fillas de Breogán compartiron con Inés Rey as súas impresións sobre o torneo e de cara á presente tempada, na que esperan competir polo título de campioas de liga.

Este triunfo supón un novo éxito da entidade, que é todo un referente a nivel galego. Ademais, Fillas de Breogán conta con tres campionatos de liga, tres Copas de Galicia, o trofeo All Galicia e tres Torneos Ibéricos.

«Desde o Concello cremos que grazas á nosa ampla e renovada infraestrutura deportiva contribuímos enormemente nestes éxitos, acompañando a clubs e deportistas na súa preparación e competición», indicou Rey. O campionato Paneuropeo tivo como sede A Coruña no ano 2022, celebrándose en diferentes instalacións deportivas de titularidade municipal, como a cidade deportiva Arsenio Iglesias, e contando coa colaboración do Concello na organización.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies