Noticias de Galicia

Inés Rey propón nomear a Ramón Núñez fillo predilecto como impulsor dos Museos Científicos Coruñeses

Cando:

25 de outubro de 2024

“Ramón é unha peza clave na historia da Coruña e na súa consolidación como a cidade de ciencia e tecnoloxía que é”

A alcaldesa elevará o asunto á Comisión de Honras e Distinticións para a súa aprobación e posterior ratificación polo Pleno Municipal

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que proporá o nomeamento de Ramón Núñez Centella fillo predilecto da cidade como impulsor da Rede de Museos Científicos Coruñeses: «Ramón é unha peza clave na historia da Coruña e na súa consolidación como a cidade de ciencia e tecnoloxía que é» sinalou a alcaldesa.

Rey avanzou que elevará o asunto á Comisión de Honras e Distinticións «á maior brevidade» para a súa aprobación e posterior ratificación polo Pleno Municipal, seguindo o procedemento administrativo preciso para facelo efectivo. «Gustaríame que esa homenaxe fora o próximo ano, coincidindo co 40 aniversario da Casa das Ciencias, o primeiro dos tres museos científicos e polo tanto xerme da rede» explicou.

Ramón Núñez é divulgador científico que dedicou toda a súa vida ó ensino das ciencias, formando parte de campañas e programas de carácter nacional e internacional. No ano 1983 foi nomeado director do Servizo Municipal de Educación no Concello da Coruña, posto dende o que ideou o proxecto dos Museos Científicos Coruñeses.

Deseñou a Casa das Ciencias, o primeiro dos museos inaugurado no 1985 baixo a súa dirección. Posteriormente tamén dirixiu a Domus e o Aquarium Finisterrae, inaugurados en 1995 e 1999, e participou no deseño museolóxico doutros centros e museos científicos en España. No 2008 pasou a dirixir o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía localizado na Coruña, posto que ocupou ate o 2013. Ademais, foi recoñecido polo CSIC co Premio Nacional de Periodismo Científico.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies